publicidade hoxe

O PBB loita polo bo baloncesto na cancha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
PBB

PBB

O pasado sábado 12, a categoría Sénior Masculina do PBB enfrontábase a un dos mellores clubs vigueses, o CB Vigo, un encontro enmarcado nas Festas do Cristo 2015 e ao que tamén acudiu o concelleiro Orlando Márquez, que se encargou de entregar os trofeos  a ambos os equipos.

O equipo local contou con 10 dos seus 12 xogadores, xa que as lesións que padecen impediron que puidesen ser partícipes deste trofeo, pero estivo compensado xa que o equipo vigués igualáballes en número.

Tratábase ademais do primeiro partido de pretemporada para o PBB, polo que o seu adestrador Jenaro Alonso optou por dar moitos minutos de xogo a todos os seus xogadores, que “realizaron un bo traballo ofensivo” e á hora de defender  “estiveron moi activos aínda que mantiveron un baixón no segundo cuarto (13-25)”, destacaba o técnico.

E é que os cuartos non menten, facendo denotar dous tempos en favor de cada equipo -1º: 19-10, 2º: 13-25, 3º: 14-15 e 4º: 18-10- aínda que mostrando unha vantaxe do equipo local ante o CB Vigo.

Jenaro Alonso definía ao CB Vigo como “un equipo duro defensivamente e en ataque máis traballado que o PBB”, aínda que o marcador final decantouse polo equipo porriñés nun último cuarto que estivo marcado polos tiros libres polas numerosas faltas persoais.

Cun resultado final de 64-60, o técnico porriñés afirma que “o resultado final non é o importante, xa que se buscaba un traballo de pretemporada axustando aos novos xogadores, que denotou unha boa integración de grupo transmitindo moi boas sensacións”.

14 de setembro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.