O Máster de Esgrima Festas do Cristo esperta gran interese entre os veciños do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Unha das probas de esgrima

Unha das probas de esgrima

O pasado domingo 20, a Praza Arquitecto Antonio Palacios acollía unha modalidade deportiva ata o momento bastante descoñecida en Porriño, esgrima olímpica, medieval e renacentista; unha actividade enmarcada no programa de Festas do Cristo 2015, onde a entrega de premios correu por conta do tenente de alcalde, Manuel Carrera.

Neste Máster de Esgrima participaron o Club de Esgrima Cidade de Vigo, así como varios clubes da Coruña e Pontevedra, que realizaron competicións de espada, florete e sabre olímpico, coa participación de tiradores de nivel internacional. 

O Clube de Esgrima Histórica Falcata de Vigo, tamén participou neste máster, realizando unha demostración de esgrima medieval e renacentista, desglosada en varias partes que contemplaron unha clase de esgrima medieval coa espada longa de man e media, a espada dos cabaleiros medievais.

Realizaron tamén unha demostración de pau galaico-portugués, unha actividade física dacabalo entre arte marcial e danza propia da nosa terra; unha demostración de Quarterstaff (ou pau longo inglés), unha arte marcial de combate con orixes na idade media; unha exhibición de espada ropeira, espada típica do século de ouro español, diferenciando dous tipos de estilos, esgrima vulgar do pobo chan e a chamada Destreza Verdadeira, un estilo esgrimístico de mestres de armas como Luís Pacheco de Narváez.

Finalmente o clube Falcata realizou unha demostración de esgrima escénica, recreando un combate medieval con espada e broquel.

Sen dúbida resultou un grato espectáculo para os asistentes a este evento, xa que lles ofreceu unha directa toma de contacto nesta modalidade deportiva, así como coñecer o desenvolvemento dun combate en primeira liña.

23 de setembro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.