publicidade hoxe

O incendio de Cualedro permanece estabilizado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedro
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal que dende o pasado domingo afecta á localidade ourensana de Cualedro permanece estabilizado, segundo informou a Consellería de Medio Rural e do Mar a través dun comunicado. Segundo as últimas estimacións, o lume calcinou xa 3.000 hectáreas. Nos labores de extinción participan tres técnicos, 34 axentes forestais, 79 brigadas, 36 motobombas, seis pas, oito helicópteros, nove avións e efectivos da Unidade Militar Emerxencias (UME).

Por outro lado, ao fío das 21.00 horas do luns quedou extinguido o incendio rexistrado na parroquia de Cernado, situada no municipio ourensano de Manzaneda.

As lapas afectaron a 249 hectáreas de monte raso e 30 de arboredo, todas elas dentro do espazo Red Natura, e na súa extinción participaron dous técnicos, 10 axentes forestais, 29 brigadas, 12 motobombas, unha pa, seis helicópteros e tres avións.

CONTROLADO O DE VIANA – PRADOCABALOS

Ademais, o incendio forestal de Viana do Bolo (Ourense) permanece controlado dende o mediodía do pasado luns. As estimacións provisionais cifran o número de hectáreas queimadas en 198.

Na extinción do lume, declarado na parroquia de Pradocabalos, participan un técnico, 15 axentes forestais, 49 brigadas, 18 motobombas, cinco pas, nove helicópteros e seis avións.

1 de setembro de 2015 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.