O CSIC abanza no coñecemento da dieta do cabaliño de mar nas costas galegas
O CSIC deu un paso máis no coñecemento do cabaliño de mar narizón, especie protexida e predominante dentro do seu grupo nas costas galegas, ao determinar por primeira vez a composición da súa dieta no medio natural das costas de Galicia e describir factores crave na alimentación dos xuvenís en catividade.
A investigación constitúe a tese doutoral que realizou Sonia Valladares Lago no Grupo de Bioloxía e Fisiología Larvaria de Peces do IIM baixo a dirección do científico titular do CSIC Miquel Planas Oliver.
Tras dous anos de mostraxe e de estudo de poboacións de cabaliño de mar localizadas en Toralla, Bueu e Riveira, observouse que a súa principal fonte de alimento consta de especies da epifauna como Caprellidea, Gammaridea e Caridea, pequenos crustáceos bentónicos asociados á vexetación na que habitan os caballiños.
En canto aos aspectos alimentarios dos xuvenís, a tese describe factores crave da alimentación durante as súas primeiras fases de vida, observándose que os copépodos (pequenos crustáceos abundantes no plancto) supoñen unha fonte moi importante na súa dieta en condicións de cultivo.











