O Concello de Silleda remitirá os datos sobre as presas do Ulla aos servizos xurídicos municipais

Reunión en Cira
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, mantivo hoxe no local social de Cira un encontro cos veciños e afectados pola desaparición das presas no río Deza. Logo de escoitar a situación por parte dos propietarios e afectados, adoptouse o acordo de solicitar unha reunión cos responsables da Dirección Xeral de Protección da Natureza. Os alcaldes de Silleda e de Vila de Cruces farán unha petición conxunta para manter este encontro.
Tamén se acordou solicitar que personal técnico acuda in situ ata os lugares afectados para comprobar as afeccións.
“O primeiro será escoitar a versión da Administración autonómica, ver qué explicacións nos dan” , indica Cuiña, que se puxo a disposición dos veciños afectados.
Ademais, os veciños quedaron de remitir aos Concellos a documentación sobre as concesións de auga existentes, algunha delas históricas, con centos de anos.
“Con esta documentación dende o Concello de Silleda imos a remitir todo aos nosos servizos xurídicos para que revisen se se vulneraron os dereitos dos veciños e donos das concesións existentes”, engade Cuiña.











