O Concello de Silleda recibe ao colectivo Amigos da Cociña Galega

Recepción ao colectivo Amigos da Cociña Galega
O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Turismo, Ana Luisa González, recibiron hoxe no Concello de Silleda a membros da asociación Amigos da Cociña Galega, que entregaron exemplares dos libros de receitas da entidade. Ademais do presidente, Pepe Solla, estiveron no concello José Luis Iglesias, do restaurante Cabanas de Lalín e Carmela Torres.
O alcalde e a concelleira agradeceron o xesto da entidade e avanzaron que depositarán os exemplares nas bibliotecas dos colexios e noutros centros públicos. Así mesmo o alcalde e a concelleira xa lles avanzaron que participarán o vindeiro martes día 20 de outubro na visita que o grupo ten previsto facera o mosteiro de Carboeiro, dentro do programa de outono que levará aos membros de Amigos da Cociña Galega a pasar varias xornadas na comarca do Deza.











