O Concello de Silleda fleta un autobús para asistir á marcha en apoio ao sector leiteiro en Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda fletará mañá un  autobús para facilitar a asistencia á manifestación en Santiago de Compostela en apoio ao sector lácteo. Os autobús partirá dende o campo de fútbol de Outeiño de Silleda ás 10.45 horas.

Dende o goberno municipal de Silleda, que xa fletou tamén autobuses para a marcha do pasado 17 de xullo,  faise un chamamento á sociedade silledense para dar o apoio necesario ao sector leiteiro, que no caso do noso municipio supón o gran piar da economía local.

Esta marcha apoiará e reforzará nas rúas da capital galega a tractorada que se vén celebrando dende o pasado luns, con presenza de centos de gandeiros e gandeiras da comarca do Deza.

9 de setembro de 2015 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.