O Concello de Silleda acondiciona unha pista no lugar de Forcas, en Laro

Acondicionamento da pista de Forcas
O Concello de Silleda realizou nos últimos días traballos de mellora e acondicionamento nunha pista do lugar de Forcas, na parroquia de Laro. Operarios municipais e da Mancomunidade Terras do Deza participaron nestas tarefas despexando de terra este acceso a varias leiras e mellorando as condicións do vial.











