O Club do Centro Social dos Maiores de Silleda programa unha excursión a La Rioja en outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Club do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Benestar Social programan para o vindeiro mes de outubro unha excursión a La Rioja. A expedición partirá o martes 6 de outubro dende os centros sociais de Silleda e da Bandeira cara a terras rioxanas. Nesa mesma xornada visitarán a localidade de Haro e as súas famosas bodegas. O mércores día 7 a excursión trasladarase a Laguardia, Logroño e Santo domingo da Calzada.

O programa continúa o xoves día 8 con visitas a terras navarras, en concreto á capital, Pamplona e a cidade de Estella, tamén coñecida como “a Toledo do norte”. Xa na última xornada do venres día 9, a expedición silledense regresa con parada na cidade leonesa de Astorga.

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro xoves día 10 e as persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura (ou chamando ao 986 581028). O prezo da viaxe e de 230 euros por persoa. As prazas son limitadas.

4 de setembro de 2015 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.