O alcalde de Riveira viaxa aos Estados Unidos con motivo da imposición da medalla de honor da emigración ao palmeirán Anselmo Millán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorRiveira
A-
A+

O alcalde Manuel Ruiz saíu esta mañá con destino á costa leste dos Estados Unidos co fin de participar na entrega da Medalla de Honor da Emigración que o Goberno de España ten previsto entregar mañá sábado ao palmeirán Anselmo Millán, concelleiro da cidade de Harrison, en New Jersey.

O rexedor municipal foi requirido pola Dirección General de Migraciones dependente do Ministerio de Emprego y Seguridade Social para tomar parte neste evento dada a forte presenza de poboación do noso concello en lugares como Harrison, Newark ou Nova York.

Precisamente servirá tamén para celebrar o 75º aniversario da Casa de Galicia en Nova York (outro acto previsto para mañá). Tamén aproveitará para visitar outros centros galegos antes de emprender o regreso este domingo.

25 de setembro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.