Manuel Cuiña convoca aos colectivos e grupos políticos para abordar a homenaxe a Juan Salgueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de convocar unha xuntanza para o vindeiro venres día 11 no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira (21.00 horas) para abordar a homenaxe ao ex alcalde Juan Salgueiro, falecido o pasado mes de marzo.

A esta reunión están convocados os colectivos da Bandeira, que asinaron no seu día un escrito propoñendo unha homenaxe, a comisión creada en Silleda tamén en torno á figura de Salgueiro, e os dous grupos políticos da oposición (PP e BNG).

A celebración da homenaxe e propostas xurdidas nos últimos meses para dar o nome do ex rexedor a emprazamentos públicos do municipio quedaron sobre a mesa no pleno do pasado mes de xullo á espera de lograr un consenso social.

“No encontro buscamos debatir e acadar un consenso total sobre este tema. Estamos abertos ao que digan os veciños e representantes dos colectivos e por iso queremos que haxa un total acordo nesta cuestión”, indica Cuiña.

3 de setembro de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.