Inícianse as obras de picado dos campos de fútbol de Lamela e de Laro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Picado no campo de Lamela

Picado no campo de Lamela

O Concello de Silleda continúa acometendo tarefas de mellora e mantemento nos recintos deportivos. Así, e tal e como se anunciara en días pasados, estanse a levar a cabo tarefas de picado no campo de Os Mularedos, en Lamela. Para realizar estes traballos ademais de empregados municipais tamén están a traballar máquinas da Deputación, que realizan o picado do terreo ao que despois se lle bota area.

Con esta acción mellóranse as capacidades de filtración do campo contribuindo a mellorar a drenaxe.

A concelleira de Deportes, Ana Luisa González, e o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, visitaron o campo de Lamela, onde comezaron esta semana as tarefas de picado.

Con esta iniciativa dase resposta as demandas dos clubes para a posta a punto das instalacións de cara a tempada que agora comeza.

Nos vindeiros días as tarefas de picado do terreo de xogo trasladaránse ao campo de Agronovo, na parroquia de Laro.

3 de setembro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.