Finalizan as melloras no Centro Social de Silleda co pintado das fachadas exteriores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
O edil Klaus Brey na visita ás tarefas de pintado

O edil Klaus Brey na visita ás tarefas de pintado

O Concello de Silleda está a afrontar estes días a recta final das obras de mellora do Centro Social de Silleda. Logo da mellora da cuberta, na que se investiron 20.000 euros, e do acondicionamento das dependencias interiores, a brigada de operarios municipais está a proceder estes días a renovar a pintura das fachadas exteriores do edificio.

“Nos vindeiros días quedarán listos os traballos de mellora neste edificio municipal”, explica o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey.

As obras da cuberta realizaronse este verán, dando resposta a unha das necesidades máis apremiantes deste recinto, xa que o mal estado e o deterioro do tellado do centro facilitaban a filtración de augas e como consecuencia estaba a danar parte das dependencias interiores.

7 de setembro de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.