publicidade hoxe

Eva García de la Torre felicita aos vencedores do II Campionato Ibérico de Kung Fu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
A alcaldesa do Porriño cos xóvenes deportistas

A alcaldesa do Porriño cos xóvenes deportistas

Esta mañá, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, recibía no salón de plenos do Concello aos pequenos, pero grandes campións do Kung Fu pertencentes ao Club León & Fam Carreira. O motivo desta recepción foi o de felicitar persoalmente aos mozos que, recentemente, obtiveron grandes resultados no II Campionato Ibérico, anteriormente chamado Campionato de España, pero que cambiou o seu nome coa entrada de Portugal na competición.

Eva García, citou a cada un dos campións para explicarlles “o orgullosa que me sento de vós e de ter no noso municipio a uns campións de tan curta idade”, fíxolles entrega dunha medalla e animounos a seguir polo bo camiño do deporte limpo e san, xa que “seguro que volverei felicitarvos nun curto espazo de tempo con novos títulos na vosa traxectoria deportiva”. 

E é que, neste certame celebrado o pasado 28 de xuño en Tui, o equipo alevín de cinto marrón composto por Ángel, Alejandro, Andrés e Yara, proclamáronse campións ibéricos, un título ao que xa precedía o de campións absolutos no galego ao obter 7 máximas puntuacións das 9 posibles. Ademais para os tres primeiros xa é o terceiro título consecutivo que alcanzan nesta competición, aínda que Yara, a última incorporación a este grupo tamén ostenta o título de campioa ibérica do 2014. 

Doutra banda, o equipo infantil de cinto verde, formado por Pablo, Rodrigo e Samuel, obtiveron o bronce; e os da súa mesma categoría infantil, pero de cinto marrón, Ana, Rubén, Hugo e Carla, conseguiron alcanzar un meritorio cuarto posto nesta segunda edición do Campionato Ibérico.

Actualmente, o club porriñés Leon & Fam Carreira conta con 40 kung fu dokas, que repartidos nas distintas categorías adestran todos os días nas instalacións desta entidade deportiva fundada no ano 2011, logrando até o momento un bo número de títulos.

4 de setembro de 2015 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.