publicidade hoxe

Estabilizado o incendio forestal no concello ourensán de Nogueira de Ramuín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNogueira de Ramuín
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que quedou estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia homónima. O lume quedou estabilizado ás 09:55 horas desta mañá tras iniciarse onte ás 22:00 horas. Segundo novas estimacións provisionais, afecta a unha superficie de 150 hectáreas. Nos traballos de control participan 8 axentes forestais, 26 brigadas, 16 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

9 de setembro de 2015 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.