Estabilizado o incendio de Nogueira de Ramuín
O incendio forestal rexistrado na noite do xoves no termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense) quedou estabilizado na tarde deste venres. Segundo informou a Consellería do Medio Rural e do Mar, este lume atopa activo dende as 21,53 horas do xoves na parroquia de Carballeira e quedou estabilizado ás 17,40 horas deste venres.
As estimacións provisionais sitúan a superficie afectada nunhas 40 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio participan cinco axentes forestais, 23 brigadas, nove motobombas, catro helicóptero e unha pa, segundo sinalou Medio Rural.