Chega á Biblioteca de Silleda a actividade “Protexendo o camiño” para cativos de ata 9 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Pasado mañá xoves ás 18.00 horas celebrarase na Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda a actividade Protexendo o camiño, dirixida a nenos e nenas de ata 9 anos.

Esta proposta chega da man do colectivo Polo correo do vento, que realiza a actividade en distintas localidades polas que transcorre o Camiño. Protexendo o camiño conta as aventuras dun neno e nunha nena (Iago e Peregrina) que realizan o Camiño a Compostela tentando de protexer ñas rutas dos riscos que poden sofrer (lixo, feísmo, falta de civismo…) Unha achega lúdica e reflexiva sobre o papel que temos que ter toda a comunidade como protectores do Camiño, co obxectivo de concienciar ao público máis novo para que valoren o poder cultural, económico patrimonial e social do Camiño de Santiago.

Polo correo do vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público  máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.

15 de setembro de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.