publicidade hoxe

Cabalos, música e xogos na III Ruta Cabalar de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A Peña Cabalar Ferradura Dourada, en colaboración co Concello de Pazos de Borbén, organiza este fin de semana a III Festa Cabalar. Unha celebración que pretende reunir tanto aos afeccionados ao mundo equino como ao resto de veciños da comarca. O encontro abarcará todo o fin de semana e terá lugar no Campo de Fútbol da Lameira, en Moscoso. Habilitarase unha zona de acampada con baños e duchas para albergar aos xinetes así como un espazo para as súas monturas.

As actividades comezarán a tarde do sábado coa celebración dunha carreira contrarreloxo na que poderán participar todos os asistentes de maneira gratuíta. Ao redor das 22:00 horas, con todos os xinetes xa acomodados, organizarase unha pequena cea con prezos populares. Despois dun breve descanso para repousar a comida, sobre as 23:00 horas, dará comezo a velada nocturna que contará con animación musical e un touro mecánico.

O domingo terá lugar a ruta cabalar polos montes de Pazos de Borbén. A participación no paseo é totalmente gratuíta aínda que haberá posibilidade de adquirir bocadillos para o camiño. A ruta inclúe servizo médico e veterinario durante toda a ruta, ademais advírtese que os donos deberán facerse responsables dos posibles danos ocasionados polo seu cabalo.

10 de setembro de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.