publicidade hoxe

Activo un incendio forestal rexistrado no concello de Nogueira de Ramuín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNogueira de Ramuín
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo rexistrado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia homónima. O lume iniciouse onte ás 22:00 horas e, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas. Nos traballos de control participan 8 axentes forestais, 24 brigadas, 15 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

9 de setembro de 2015 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.