A secretaria xeral de Silleda trasládase a Barcelona en comisión de servizo
María Cacharro López, que ocupaba dende o pasado mes de abril o cargo de secretaria xeral do Concello de Silleda cesará a vindeira semana para trasladarse a un municipio da provincia de Barcelona, en comisión de servicio. Así mesmo, tamén dará clases na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Dende o goberno municipal o alcalde, Manuel Cuiña, agradece o traballo realizado por esta funcionaria á que lle desexa sorte no seu novo destino.











