publicidade hoxe

A Estrada e Silleda protagonizan o programa Goza do Ulla o vindeiro sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaSilleda
A-
A+

O vindeiro sábado día 12 celébrase unha nova cita co programa Goza do Ulla, coa proposta intermunicipal de A Estrada e Silleda como protagonista. O percorrido, de aproximadamente 20 kilómetros en total (trátase dun sendeiro de ida e volta) partirá ás 09.30 horas da praia fluvial de Xunta dos Ríos, na parroquia silledense de Cira, lugar onde conflúen os ríos Ulla e Deza e que será punto de encontro para os participantes.

 Dende a organización advírtese que este adianto da saída (estaba prevista para as 10.00) chega para facilitar a asistencia dos veciños e veciñas de Cira ás festas do Couto, que se celebran nesta xornada.

O percorrido proposto é mixto, cun tramo lineal en Cira que se torna despois circular rodeando o miradoiro de San Miguel de Castro, en terras estradenses.

Discorrerá pola contorna do Castelo de Cira, invernadoiros desta última localidade e continuará paralelo entre o bosque de ribeira do Ulla, xa por terras estradenses, para rematar no miradoiro do Castro de San Miguel, onde os participantes poderán disfrutar de unha impresionante vista ao meandro do Ulla, sobre Gundián Ponte Ulla e como fondo co Pico Sacro.

Actuarán  como guías os delegados parroquiais de Cira (José Luis Lugo) e de Castro, (Isabel González Fontao).

A día de hoxe hai xa preto de 40 persoas anotadas, coa presenza de veciños desta zona, de Ponte Ledesma, Santiago, Teo, Cesures, e mesmo algúns chegados de Granada.

O percorrido foi organizado dende as Concellerías de Turismo de A Estrada e Silleda, que dirixien respectivamente Óscar Rancaño e Ana Luisa González, en colaboración cos veciños de Cira de San Miguel de Castro. O programa Goza do Ulla é unha  iniciativa conxunta  que xurdiu  hai 4 anos, sumando xa 19 concellos nun programa que, sen apenas custes, serve para por en valor o territorio, vinculando municipios e comarcas.

Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra,  son  Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón , Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces e Vedra. 

8 de setembro de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.