Silleda aproba o reparto de axudas á realización de actividades culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O goberno municipal de Silleda aprobou en días pasados o reparto das axudas a entidades para a realización de actividades culturais. A proposta, coa relación de beneficiarios e a puntuación, quedará exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello (pranta baixa). Esta resolución tamén foi comunicada xa aos colectivos, coa cantidade e puntos outorgados a cada un.

Os colectivos dispoñen agora dun prazo de 10 días, (contado a partir da recepción da resolución ) para aceptar a axuda ou formular, no seu caso, alegacións, á resolución.

A comisión de valoración outorgou unha serie de puntuacións tendo en conta os criterios recollidos nas bases destas dúas convocatorias, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP de Pontevedra).

No caso das axudas culturais hai 32 asociacións beneficiadas, todas as que solicitaron a axuda. A contía total a repartir é de 39.000 euros.

As entidades beneficiarias teñen de prazo ata o 15 de decembro para xustificar estas axudas.  

4 de agosto de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.