Porremprego abre o prazo de inscrición no curso de prevención de riscos laborais para autónomos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello do Porriño, a través de Porremprego dependente da concellería de Emprego e Formación dirixida por Raúl Francés, oferta un curso de balde para traballadores por conta propia, que  ten unha duración total de 80 h en modalidade mixta repartidas da seguinte forma:

– 20 h presenciais dende o17 ao 27 de agosto cunha duración diaria de 2 horas e media en horario de 08:00 a 10.30 h, que terán lugar no Multicentro de Torneiros.            

– 60 h de teleformación, a través da plataforma habilitada ó efecto, dende o 17 ó 31 de agosto ó longo de 5 horas e media. 

Este curso está repartido en 7 módulos:

– Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

– Riscos xerais e a súa prevención.

– Riscos específicos e a súa prevención.

– Elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais.

– Actuación en casos de emerxencia e primeiros auxilios.

– Plan de evaluación de riscos.

– Promoción da igualdade.

Os interesados teñen como data límite o venres 7 de agosto e deberán anotarse, a través de Porremprego, ben presencialmente no Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño; telefónicamente no número 986 338 217, ou a través dun correo electrónico no e-mail axente.emprego@porremprego.org

A documentación necesaria xa está dispoñible na web de Porremprego e consta de:

– Solicitude de participación firmada.        
– Solicitude da Lei  de Protección de Datos, modelo C.                
– Fotocopia DNI.               
– Fotocopia do derradeiro recibo de autónomo e, a posteriori, o correspondente á data de inicio do curso.
– Vida laboral actualizada unha vez iniciado o curso.

4 de agosto de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.