O edil popular Nelson Santos visita as obras da nova bancada de “O Carballal”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Europa Press
Nelson Santos na visita ás obras

Nelson Santos na visita ás obras

Os concelleiros populares Nelson Santos e M. Alejandro Lorenzo, visitaron esta mañá o campo de fútbol O Carballo de Atios, acompañados polo tamén edil e presidente da O.D. Atios,  Ramón Porto, e por José Manuel Fernández, integrante da lista popular por Atios, para comprobar o estado de execución das obras de construción da nova bancada de público.

“Con esta intervención dáse resposta á demanda do club, cuxas instalacións resultaban insuficientes para atender a importante afluencia de público que ten o campo”, sinala Nelson Santos, “En todo momento apostamos por unha mellora  na calidade das infraestruturas deportivas municipais, que ademais de supor unha ampliación do noso patrimonio municipal, contribúe ao fomento da práctica deportiva na nosa localidade. No Porriño temos un nivel deportivo importante, e é a nosa responsabilidade apoiar aos diferentes clubs e dotalos dunhas instalacións dignas onde desenvolver a súa actividade deportiva, algo que seguiremos defendendo”.

Este proxecto, aprobado e posto en marcha polo anterior goberno local do mesmo xeito que a dotación de céspede do campo de fútbol de Mosende, contempla a construción dunha bancada de 35×7 metros no lateral anterior do campo de fútbol O Carballo, incluíndo o movemento de terras, o saneamento e drenaxe, así como  traballos de pavimentado e outras melloras. Así mesmo, nunha segunda fase está prevista a construción de novos vestiarios, ximnasio e salas deportivas nos baixos de devandita bancada. 

7 de agosto de 2015 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.