O Concello de Silleda abre o prazo de preinscrición para un proxecto de formación dual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda abre o prazo de preinscripción para participar nun programa de formación dual. Este proceso servirá para realizar unha selección posterior de participantes nesta iniciativa, que formará e empregará a aprendices de peón canteiro e de conservación.

Poderán formalizar a preinscrición persoas menores de 30 anos e sen titulación relativa a esta modalidade.

As persoas interesadas poden anotarse no Rexistro Municipal  ata o vindeiro mércores día 12, ata as 12.00 horas.

O Concello de Silleda está pendente de recibir a subvención para levar a cabo este proxecto. No caso da súa aprobación, elaborararanse as correspondentes bases para seleccionar aos participantes. 

7 de agosto de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.