O concelleiro de Mercados reúnese cos comerciantes da praza de abastos do Porriño
O Concello do Porriñoapoiaráaos comerciantes con establecementos na primeira planta do mercado municipal nas actividades que emprendan para atraer público a esta zona comercial. Así llotrasladou o concelleiro de Mercados, Orlando Márquez, no transcurso dunha reunión celebrada onte, na que taménparticipou Noelia Conde, xerente de ACIPOR.
“Apoiarémosllesnasaccións de promoción que leven a cabo para dinamizar esa zona da praza de abastos, como concursos gastronómicos, cartelería, etc, e ademais acometeremos melloras das infraestructuras para mellorar a seguridade na zona da gardaría infantil”, asegurouOlando Márquez ao término da reunión. O concellotamén se comprometeu a dotar de material infantil – libros e xoguetes- a gardaría.
Pola súa banda Noelia Conde, xerente de ACIPOR, ofreceuaos comerciantes do mercado municipal “a colaboración da asociación para asesorarlles tanto nas actividades de promoción, coma en todo o que sexa asociarse para levar a cabo accionesconxuntamente. En ACIPOR teñen as portas abertas”.











