Manuel Carrera visita as instalacións da Clínica O Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Manuel Carrera na visita ás instalacións

Manuel Carrera na visita ás instalacións

O alcalde accidental do Concello do Porriño, Manuel Carrera, respondeu á invitación que a Clínica O Castro do Porriño realizou á Casa Consistorial fai escasos días, para coñecer os novos servizos que o centro médico ofrece aos veciños.

Carrera percorreu todas as consultas e diferentes áreas das que dispón a clínica acompañado polo xerente do Hospital Perpetuo Socorro e Centro Médico O Castro, Augusto Viso Novo; o director médico, Felipe Durán; o comercial do centro, Javier Baltasar e unha das especialistas, a Dra. Joani Vargas.

O Centro Médico O Castro abriu as súas portas en Porriño hai xa dous anos e medio, desde entón foron implementando novos servizos contando na actualidade con 24 especialidades. Traballan con seguros de saúde, empresas, mutuas, clubs deportivos e consultas privadas, aínda que tal como explicaron a Carrera “queremos ofrecer aos veciños unha serie de campañas sobre o coidado da saúde e sobre a importancia da detección precoz das enfermidades”.

Por parte de Manuel Carrera, este manifestaba que “é unha verdadeira sorte poder contar no noso municipio cun centro sanitario que reúne toda esta variedade de servizos, que facilitan ao cidadán o non ter que desprazarse a outras localidades para gozar dun servizo sanitario de calidade”.

Actualmente este centro médico atende a unha media de 150 persoas diarias entre as súas  áreas de fisioterapia e consultas especializadas. 

7 de agosto de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.