Inícianse as obras da rúa situada na parte traseira da Igrexa de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Obras en Tras da Igrexa

Obras en Tras da Igrexa

Os traballos do  proxecto  de adecuación e rehabilitación do tramo situado na parte traseira da igrexa parroquial de Silleda, que une a avenida do Parque coa rúa Santa Olaia, iniciáronse hoxe cos traballos previos por parte da empresa adxudicataria desta obra, Construccións Fernández Sarmiento.

Esta actuación está enmarcada na mellora de espazos públicos que se vén realizando dende o Concello de Silleda, e con ela búscase rematar este tramo, tanto dende o punto de vista estético como funcional, gañando tamén en accesibilidade.

Esta vía tamén da acceso a vivendas, garaxes, ao colexio María Inmaculada, e ao albergue San Olaia, enlazando ademais co parque infantil situado na praza aledaña.

Trátase pois dunha zona cercana a equipamentos con gran tránsito peonil, e que conta cun pavimento moi degradado e tamén barreiras arquitectónicas.

Con este proxecto de mellora preténdese homexeneizar os pavimentos desta zona, formando unha unidade xunto co entorno do templo parroquial e da avenida.

Este pavimento revalorizará as características estéticas do conxunto, dando unha sensación de unidade epacial e ao mesmo tempo suprimindo as barreiras arquitectónicas e polo tanto mellorando a accesibilidade.

Para a mellora, que se materializará as vindeiras semanas, empregarase un pavimento único de lousa de granito igual á existente no lugar, executándose as pendentes necesarias para o correcto desaugue  na rede de sumidoiros. Tamén se limparán e adecuarán os muretes perimetrais da igrexa e do parque infantil, para lograr un acabado unificado e respetuoso co entorno.

Esta zona que rodea á igrexa de Santa Olaia sufriu diferentes reformas ao longo dos últimos anos. “No caso deste tramo situado na parte de atrás do templo a situación hai varias deficiencias que deben de subsanarse, con beirarrúas sen rematar ou unha calzada de aglomerado en malas condicións, entre outros, e tamén con materiais e acabados que non son acordes á estética da zona”, engade o concelleiro de Obras, Klaus Brey, que hoxe visitou as obras.

A actuación ten un orzamento total de 62.093 euros, dos que 40.000 euros corresponden á subvención da Consellería de  Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a mellora de espazos públicos, e o resto se financia con fondos municipais. 

4 de agosto de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.