Finalizan as obras do patio cuberto do CEIP de Silleda
As obras do patio cuberto do recinto do CEIP de Silleda, están xa rematadas. A empresa adxudicataria dos traballos, Construccións Areán, rematou xa a instalación da cuberta, situada entre o edificio central e o pavillón do recinto. Con esta nova dotación dase resposta a unha vella demanda da comunidade educativa do CEIP . A obra, realizada cos fondos que lle corresponden ao Concello dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) 2015, con unha inversión de 20.000 euros, queda así lista para o inicio do vindeiro curso escolar, que terá lugar na xornada do vindeiro xoves día 10 de setembro.
Melloras na Casa da Xuventude e Centro Social
Por outra banda, dende o departamento de Obras e Servizos do Concello de Silleda estánse a realizar estes días traballos de acondicionamento e mellora en distintas instalacións municipais.
Así, en días pasados procedeuse ao pintado das instalacións da Casa da Xuventude, que reabrirá as súas portas mañá martes pola tarde.
Así mesmo, e para completar as melloras no Centro Social de Silleda, onde se procedeu á reparación de toda a cuberta, mañá comezaranse a pintar as paredes exteriores deste edificio municipal.
Con estas tarefas quedará rematada a reforma levada a cabo este verán, para subsanar as graves deficiencias que suponía o mal estado da cuberta, con filtracións de agua que estaban a causar un gran deterioro no interior do inmoble.











