Entréganse os diplomas aos campións de kung fu da Escola Deportiva de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

A concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, entregou hoxe xunto cos entrenadores do equipo diplomas aos 16 nenos e nenas que participaron con éxito no Campeonato Ibérico 2015 ( España/Portugal), con dous equipos campións (cinturón azul alevín e cinturón azul infantil)  e un subcampión (cinturón verde alevín) . Ademais tamén participaron os integrantes do equipo gañador do certame provincial e rexional (que non poden competir no Ibérico) , de cinturón amarelo infantil.

A concelleira felicitou aos campións polo éxito acadadado nun acto celebrado na Casa da Xuventude onde tamén tivo lugar unha merenda.

O equipo cinturón azul Alevin está formado por Paula García Blanco, Pedro Rodríguez Velilla, Anxo Mosquera Castro, e Bruno Mato. O de cinturón azul infantil está integrado por  Eugenia Saavedra Guerra, Rocío Clemente Garcia,  Aminata Mabaye Diaw,  Sara Liñares Couselo e  Nes Torreiro Lodeiro. O equipo cinturón verde Alevin, co segundo posto no Ibérico intégrano Zoe Rivas Lopez, Adrian Castro Abeledo, Xoel Romeo Garcia e Anna Mynkh. Mateo Iglesias Montoto, Arturo Lamela Rivas e Alba Iglesias Lopez, forman o equipo amarelo Alevín, campión do torneo provincial e rexional. 

3 de agosto de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.