Dous nomeados creadores exporán no Museo do Gravado de Artes na mostra “Como en casa”
O Museo do Gravado de Artes programa para este sábado 8 unha nova exposición titulada “Como en Casa”, na que expoñen dous prestixiosos artistas: Antonio Maya e Manolo Dimas, acompañando aos seus proxenitores, Jerónimo Maya e Clara Salamanca.
“Como en Casa pretende ser” unha exposición de reencontros que evocan o pasado e de encontros que miran ao futuro. Antonio Maya e Manolo Dimas, dous pintores gravadores, únense de novo despois de que se coñeceran no Grupo 15 en Madrid: o famoso taller de litografía, calcografía e galería onde pasaron artistas como Saura, David Hockney, Sam Francis, Claudio Bravo, Antonio López, Luis Gordillo, José Guerrero, etc.
O acto de apertura está programado para as 19 horas. A presentación do evento correrá a cargo do crítico de arte Antón Castro, estando prevista tamén a participación de Santiago Olmo (director do CGAC – Centro Galego de Arte Contemporánea) e Anunciada Fernández de Córdoba, ex embaixadora en Eslovenia.
Tamén asistirá o alcalde e presidente da Fundación Museo de Artes, Manuel Ruiz.











