publicidade hoxe

Comezan as obras de mellora do saneamento en Torneiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Obras de saneamento

Obras de saneamento

O concelleiro de Vías e Obras do Concello do Porriño, Manuel Carreira, visitou esta mañá as obras de mellora do saneamento de Torneiros, incluídas no proxecto de actuacións prioritarias financiadas pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil. Nestas accións tamén colabora o Consorcio de Augas do Louro que se encarga de realizar simultáneamente as acometidas ás vivendas, para evitar que sexa necesario abrir novas gavias  posteriormente. “Estas obras son de gran importancia para o Concello, que ten previsto finalizar en 2019 o 95% da rede de saneamento en todas as parroquias do Porriño”, subliñou Manuel Carrera. 

En Torneiros estase a colocar aproximadamente 2,2 quilómetros de tubería de PVC e a renovar parte da rede de saneamento existente para conseguir un sistema que funcione por gravidade sen o emprego de bombeos. Tamén se repón parte das redes de fecais e pluviais existentes. 

O proxecto de actuacións prioritarias de saneamento no Porriño pretende solucionar os problemas xerados  pola existencia de numerosos colectores distribuídos  por gran parte do municipio que non están conectados en ningún punto co sistema do río Louro. Trátase de redes “cegas”, sen saída, que se realizaron en previsión de futuras conexións que finalmente non se levaron a cabo.

As actuacións comprenden a construción de seis colectores en zonas rurais do concello do Porriño: Budiño, Cans, Carracido, Chenlo, Mosende-Pontellas e Torneiros. O seu obxectivo é recoller as augas  residuais de redes existentes, que actualmente atópanse fóra de servizo, para conducilas  ata os colectores do Louro que as canalizarán ata a Estación Depuradora de Augas Residuais, EDAR, de Guillarei. O orzamento das obras é de 2,8 millóns de euros. Estarán rematadas  a finais deste ano. 

5 de agosto de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.