Autorízase o corte da N-525 para a celebración das festas de verán da Bandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Ministerio de Fomento vén de comunicar ao Concello de Silleda a autorización para o corte da estrada nacional Santiago-Ourense (N-525) para a celebración das festas de verán da Bandeira. O corte do vial para o tráfico, que cómo ven sendo habitual se desvía ao seu paso pola localidade tería lugar entre os días 21 e 23 de agosto próximos.

Dende o goberno municipal agradecese á Administración central que volvan a permitir o desvío do tráfico, unha medida moi necesaria por motivos de seguridade, dada a grande afluenza de persoas que acuden durante eses días á Bandeira. A medida foi solicitada hai varios meses dende o Concello de Silleda. Xa en xuño se obtivo o correspondente permiso de Tráfico e agosra recibiuse o da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

O Concello ten depositada unha fianza de 12.000 euros, a modo de aval –medida imposta polo Ministerio de Fomento- ante a posibilidade de que se produzan desperfectos, como pasou en anos anteriores. Ademais, dende o Concello faise un chamamento á cidadanía  para velar por un desenvolvemento das festas en total normalidade, evitando danos e desperfectos e respetando ademais as sinais de circulación que se coloquen coa desviación do tráfico. 

4 de agosto de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.