Apertura do prazo de inscrición para anotarse na Escola Municipal de Ballet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que mañá mércores día 5 de agosto abrirá o período de inscrición para anotarse na Escola Municipal de Ballet, na especialidade de danza clásica. O prazo para asistir a esta acción formativa, coa profesora Cristina Riveiro, concluirá o vindeiro 20 de agosto. Os interesados poden poñerse en contacto con Cristina Riveiro a través do teléfono 981 873 595 ou por correo electrónico danza@riveira.com.

4 de agosto de 2015 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.