A sétima edición do Campionato San Humberto Cidade de Riveira conta con 33 inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Presentación do campionato de caza

Presentación do campionato de caza

Este domingo día 8 de agosto vaise disputar a sétima edición do Campionato de Caza San Huberto ‘Cidade de Riveira’: unha competición organizada pola Sociedade Caza e Pesca de Barbanza coa colaboración do Concello, nos que se darán cita algúns dos mellores especialistas de Galicia e mesmo haberá participantes procedentes de Asturias e Portugal.

Os concelleiros Aroa Fernández e Víctor Reiriz, e Eloy Rodríguez no nome da Sociedade Caza e Pesca de Barbanza, explicaron os detalles deste certame, puntuable para a Copa Galicia do ano que vén e no que a día de hoxe hai 33 inscritos (o número de participantes pode aumentar, xa que a inscrición non se pecha ata o propio día da proba).

Curota

O campionato dará comezo ben cedo, ás 9 horas no lugar coñecido como Chans de Folgoso no monte Curota (os comparecentes agradeceron á comunidade de montes de Oleiros que deixasen o espazo). Prevese que a entrega de trofeos teña lugar entre as 16 e as 17 horas. 

A mecánica do certame é similar ao de anos anteriores, dispoñendo cada cazador dun tempo de quince minutos para abater dúas perdices, un obxectivo para cuxa consecución estará asistido polo seu can. O xurado avaliará tanto a habilidade do cazador como as cualidades e adestramento do animal. 

O vencedor do ano pasado foi o ferrolán Ramón Picallo, que repetirá participación.

6 de agosto de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.