A Policía Local do Porriño detivo en Carracido un ladrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+

Dende o pasado luns 3 de agosto, a Policía Local do Porriño, en colaboración coa Garda Civil, está levando a cabo unha discreta e especial campaña de vixiancia por mor dos roubos que, como cada verán e aproveitando a ausencia dos donos nas vacacións, aumentan nestas datas.

Como resultados inmediatos, onte  preto das 18.30 h, a Garda Civil do Posto do Porriño, solicitaba o apoio da patrulla da Policía Local do Porriño tras recibir una chamada telefónica alertando do roubo que estaba acontecendo nunha vivenda sita en Carracido.

De inmediato, os axentes acudiron ata o lugar onde una veciña lles indicou que os ladróns todavía se atopaban no interior da vivenda, concretándolles cal era a casa obxecto do roubo.  Os policías procederon a rodear a vivenda, un por cada beira, percatándose de claros indicios como unha fiestra aberta pola cal se podía apreciar o paso dos asaltantes.

Os ladróns xa corrían monte a través, feito polo que se dispuso a súa localización, que deu resultados tan só a 200 m da vivenda interceptando a un dos individuos que fuxía a pé, moi fatigado e aínda con restos de maleza na súa roupa.

Trátase de J.F.M, de 20 anos de idade e natural de As Neves, ó cal nun cacheo superficial, atópaselle un ferro tipo cincel, luvas de cor negro e un teléfono móvil. Unha vez trasladado ata o Cuartel do Posto do Porriño ubicado en Torneiros para as correspondentes dilixencias, aínda que nun principio negaba a súa presencia na vivenda asaltada, finalmente manifestou ter agachado no medio do monte o sustraído, lugar ata onde acompañou de forma voluntaria ós axentes onde se recuperou unha maleta de cor marrón con diversas xoias e reloxios.

O segundo individuo fuxíu, aínda que gracias a colaboración dos veciños e dos datos aportados, non se descarta a súa detención en breve, xa que ademáis existen sospeitas razoadas de que poderían ser os mesmos autores dos roubos acontecidos fai uns días en Atios.

6 de agosto de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.