publicidade hoxe

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro presenta o programa de actividades para setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

Durante o mes de setembro a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro vai pór en marcha as seguintes actividades:

MÚSICA NA RÚA

Xunto coa Concellaría de Cultura retómanse estes concertos que se arrincaron no mes de Xullo por distintas prazas e rúas da cidade. Os concertos programados para setembro son Mr. Cool & Felipe Castro o venres 11 ás 21:00 horas na Rúa da Zapatería, e o sábado 12 ás 13:00 horas en Sesión vermut na rúa Pastor Diaz esquina Praza de Lugo.

O venres 18 ás 22:00 horas a Praza da Fontenova acollerá o concerto do grupo UP. 

TEATRO DE MARIONETAS

O sábado 19 ás 13:00 horas terá lugar na praza da Fontenova a actuación do Grupo de Marionetas Trécola coa súa proposta titulada “Nº 8 Rúa dos Contos”, un espectáculo de monicreque tradicional para público familiar que fará as delicias de grandes e pequenos. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa “Cultura sobre Rodas” levado a cabo pola Deputación de Lugo.

JUEPEO, OS XOVES EN VIVEIRO TAPEO

O Xoves 17 de Setembro arrinca de novo o Juepeo, os Xoves en Viveiro tapeo. Tras o éxito alcanzado durante os meses de maio e xuño retómase esta iniciativa que contará agora con 11 locais participantes, que xoves tras xoves elaborarán delicias para os nosos padais en versión mini cociña. O funcionamento seguirá sendo igual que nos anteriores meses, ofrecerase todos os xoves unha tapa ao prezo de 1,50€ e os clientes poderán participar no sorteo de 200€ en vales de consumición tan só por puntuar as tapas que van probando.

Os locais participantes son Mesón A Baiuca, Bar La Fontana, Mesón A Praciña, Belle Epoque, Mesón Imperial, Bar La Plata, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho e O Rincón do Tronco.

31 de agosto de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.