Unhas 25 persoas asisten ao curso de escritura creativa en Riveira
Dende o pasado luns un total de 25 persoas asisten ao curso de escritura creativa que por segundo ano promove o Concello de Riveira a través do Servizo Municipal Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Educación.
O profesor Xabier López Marqués é de novo o encargado de impartir esta acción formativa gratuíta, que se desenvolverá no Centro Cultural Lustres Rivas ata o xoves 23 de xullo, en horario de 10 a 14 horas.
O curso ten 30 horas de duración e está homologado como formación continua do profesorado da Xunta de Galicia.
No mesmo estáselles a proporcionar aos asistentes os coñecementos necesarios para escribir textos literarios, partindo da lectura diaria de pasaxes representativos de cada un dos xéneros.











