Un espectáculo circense fará as delicias dos cativos na primeira xornada das Festas de Verán de Riveira
Riveira xa está a vivir as súas Festas de Verán. O día arrancou hoxe con 21 bombas de palenque para dar paso a continuación a dianas e alboradas coas que darlle un ton festivo e musical ás rúas e prazas da cidade. Ás 12 do mediodía tería lugar o primeiro evento destas festas: un espectáculo cicense que por mor da chuvia se trasladou ao pavillón do colexio O Grupo en lugar de celebrarse na praza do Concello.
A actuación foi ofrecida por Pistacatro e, baixo o título de “Xuntos”, fixo as delicias dos pequenos que enchían o recinto. Tratabase dun espectáculo multidisciplinas que conxuga o teatro, danza e novo circo. Contou coa colaboración do Concello e o patrocinio da Deputación.
Pregón
A programación continuará esta noite co pregón dende o balcón do consistorio a cargo de Tino Fernández, presidente do Deportivo da Coruña (22h) e unha gran verbena no Malecón a amenizada pola orquestra Tango.











