Tino Fernández lembra os seus lazos con Riveira durante o pregón das Festas de Verán

Pregón de Tino Fernández
Un dos actos máis significativos das festas de Vernán, o pregón de apertura, tivo lugar na noite de onte ante o público que se reuniu ante o balcón da Casa Consistorial.
O presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, foi o encargado de ofrecer a intervención e, acto seguido, acender o tradicional chupizano. O máximo responsable do Depor lembrou as vinculacións que lle unen a Riveira, como o feito de ter sido adestrador do club de baloncesto do noso municipio na súa época dourada cando militaba na segunda división nacional, e tivo palabras para os irmáns Fran e José Ramón González Pérez, o último dos cales se ocupa hoxe en día de entrenar aos xuvenís do conxunto herculino.
Clown
A festa proseguiu esta mañá coas dianas e alboradas e cun espectáculo que, esta vez si, puido ter lugar na praza do Concello. Foi un espectáculo de clown ofrecido por Rudi Dudi Rastafarudi: un paiaso belga capaz de mesturar humor, malabares, teatro e novo circo.
Houbo moitísimos nenos ademais doutros asistentes como numerosos membros da asociación Amicos.
As celebracións continuarán esta noite cunha gran verbena amenizada por Royal Orquestra de Galicia e a espectacular actuación de Brothers in Band, concerto tributo aos Dire Straits.











