publicidade hoxe

Seis nadadores cruzarán a Ría de Arousa entre O Grove e Riveira para conciencia sobre o dano cerebral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaO GroveRiveira
A-
A+
Presentación de ArousaMan

Presentación de ArousaMan

Un grupo de seis nadadores vai cruzar este sábado 25 xullo as augas da ría de Arousa entre O Grove e Riveira nunha iniciativa que, baixo a denominación de ArousaMan, ten por obxecto visualizar as doenzas relacionadas con danos cerebrais e a situación de dificultade que atravesan os pacientes e as súas familias.

A actividade foi presentada esta mañá na Casa Consistorial de Riveira nun acto que contou coa participación do riveirenseJuan Ramón Martínez, promotor e organizador da iniciativa; Concha Otero e Rocío García, vicepresidenta e directora respectivamente da asociación Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela), e Sabela Pensado, campioa de triatlón en distancia olímpica, quen será unha das valentes que participen no reto. No nome do Concello compareceu o edil Víctor Reiriz.

O inspirador desta cita é Manolo Martínez, un irmán de Juan Ramón que padece danos cerebrais derivados dun neuronoma acústico. O propio Juan Ramón manifestou que se quixo buscar un  evento deportivo que tivese unha especial dureza para tratar de simbolizar as dificultades que atravesan as familias e enfermos que son vítimas de danos cerebrais, así como para reclamar máis apoio das institucións.

Concha Otero declarou que para a asociación Sarela é unha honra poder colaborar nesta iniciativa e sumouse ao desexo de que se presten máis medios. “Una vida salvada merece ser vivida lo más dignamente posible”, afirmou.

Pola súa parte, Víctor Reiriz expresou a satisfación do Concello en poder axudar ao desenvolvemento de iniciativas tan cheas de humanidade como esta; mentres que Sabela Pensado agradeceu á organización que quixesen contar con ela nesta causa benéfica.

Está previsto que os participantes partan en torno ás 8.30 horas de O Grove para percorrer os 13 quilómetros (entre 12.000 e 13.000 brazadas) que separan ambas bandas da ría de Arousa. Cóntase coa colaboración entre outras entidades da Asociación Galega de Kayaks de Mar.

Chegada a Coroso

A chegada a Riveira está prevista para entre as 14 e as 14.30 horas. Farao na praia de Coroso á altura do posto dos socorristas, co acompañamento dun nutrido grupo de nadadores que se van sumar nos últimos metros de travesía.

Xa alcanzada a meta, agárdase que os poida recibir Manolo Martínez ou, de non ser posible, familiares de persoas con danos cerebrais.

Xunto a Sabela Pensado e ao propio Juan Ramón Martínez, os outros nadadores de AsousaMan serán José Hachero, Bruno Vázquez, Bernardo Sobrido e José Manuel Lorenzo.

 

23 de xullo de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.