Riveira fixa a composición do goberno local
No día de hoxe fíxose efectiva a composición do Goberno Municipal do Concello de Riveira coa aprobación das distintas delegacións. Entre as mesmas, cómpre destacar a creación dunha nova Concellería de Administración, Transparencia e Atención e Participación Cidadá, chamada a ser unha canle fundamental de comunicación do Concello cos veciños (tanto de forma individual como a modo de grupos), ademais de tomar a responsabilidade de implantar novas medidas que redunden nunha maior transparencia pública e participación da cidadanía na acción municipal.
As novas delegacións e os seus correspondentes titulares son:
– Concelleiro delegado de Seguridade e Mobilidade Cidadá: Victor Reiriz Lampón
– Concelleira delegada de Servizos Sociais, Promoción Social e Igualdade. Esther Patiño Rey
– Concelleira delegado de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Fabiola García Martínez
– Concelleira delegada de Promoción e Dinamización Económica e Cultura, Fabiola García Martínez
– Concelleira delegada de Xuventude e Deportes: Aroa Fernández Cadórniga
– Concelleira delegada de Parque Natural e Medio Ambiente: Elvira Pereira Ageitos
– Concelleiro delegado de Benestar Comunitario: Manuel Emilio Pérez Outeiral
– Concelleira delegada de Educación e Persoal: María Herminia Pouso Maneiro.
O alcalde Manuel Ruiz Rivas asume as áreas de Economía, Pesca e Infraestruturas e Urbanismo.
Ademáis, as tenencias de alcaldía corresponderán a Fabiola García Martínez (1ª), Emilio Pérez Outeiral (2ª), Esther Patiño Rey (2ª) e Elvira Pereira Ageitos (4ª).











