Reparación integral da cuberta do Centro Social dos Maiores de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Reparación da cuberta do Centro Social dos Maiores

Reparación da cuberta do Centro Social dos Maiores

Este é un problema que se arrastra dende que se fixeron as obras de acondicionamento do antigo centro médico para centro social dos maiores. Cando as choivas son  moi abundantes as vaixantes non teñen  capacidade  suficinte para evacuar toda a auga, o que fai que esta se filtre,  case na súa totalidade,  para o interior do centro.

A obra consiste en modificar o modelo do tellado sacando este ata o exterior para que no caso que as choivas sexan moi abundantes as canles de recollida se poidan evacuar directamente cara fóra en vez de verter a auga para dentro como o fan agora.

Esta é unha obra de mantemento moi necesaria, que se sufraga totalmente con cargo os presupostos municipais.

22 de xullo de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.