O veleiro “Joaquín Vieta” recala en Riveira para ofrecer rutas gratuítas pola Ría de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O “Joaquín Vieta”, o veleiro máis antigo de Galicia construído en 1915-1916, con 18 metros de eslora e 5 metros de manga, recalará mañá en Riveira para seguir facendo rutas marítimas pola ría de Arousa.

Concretamente as saídas terán lugar dende o pantalán exterior do Club Náutico de Riveira dende mañá 28 de xullo ata o 2 de agosto. Haberá tres rutas diarias, unha pola mañá de 12.00 a 14.00h e dúas pola tarde de 15.00 a 17.00h  e de 18.00 a 20.00h. 

A capacidade do veleiro é de 20 persoas en cada ruta e poden ir tanto adultos como nenos. 

As entradas son gratuítas e pódense recoller na oficina de turismo do Malecón en horario de 10.00 a 15.00h e de 16.00 a 21.00h de martes a domingo.

Cada persoa poderá retirar un máximo de dúas entradas e terán prioridade as persoas empadroadas no municipio riveirense e aquelas que estean aloxadas no noso concello. 

Esta iniciativa conta coa colaboración da mancomunidade Arousa Norte e a Deputación da Coruña.

27 de xullo de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.