O Porriño acolle unha nova edición do Campus Antonio Díaz-Miguel capitaneado por Fernando Romay

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Porriño
A-
A+
Fernando Romay no Porriño

Fernando Romay no Porriño

A XV Edición do Campus Memorial Díaz-Miguel celebrou hoxe unha sesión de traballo nas pistas cubertas do Polideportivo Municipal cedidas polo Concello do Porriño. O actual director do Campus e á súa vez veterano xogador de baloncesto, Fernando Romay e Pepe Casal -adestrador e preparador físico cunha longa traxectoria profesional en grandes equipos de baloncesto- reuníronse coa alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre, para agradecerlle en nome dos 175 participantes a cesión das instalacións.

Fernando Romay destacou na súa visita ó Concello que a principal preocupación do falecido seleccionador nacional Antonio Díaz – Miguel era fomentar que “o baloncesto se levase ó patio do colexio”. Eva García de la Torre mostrou un gran interese polo desenvolvemento do campus recoñecéndolles “o gran labor que realizan cos mozos e a importancia de inculcar valores baseados no deporte, como o traballo en equipo e unha forma de vida saudable”.

Dende o pasado sábado 11 de xullo, Mondariz Balneario acolle a XV Edición do Campus Memorial Díaz-Miguel no que participan mozos procedentes de diversos puntos do territorio nacional e tamén de Portugal. Ensinar valores humáns, técnicas deportivas en baloncesto e traballo en equipo, son algúns dos obxectivos do campus, no que tamén se dedica tempo ó estudo, a equitación ou o piragüismo entre outras actividades.

24 de xullo de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.