O obradoiro Ponlle as Pilas ao teu bocata chega o luns a Silleda
O vindeiro luns día 6 celebrarase en Silleda o obradoiro da campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata”, posta en marcha pola Consellería do Medio Rural e do Mar para a posta en valor das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar.
Neste obradoiro, que terá lugar ás 17.00 horas, participarán os nenos e nenas inscritos no campamento de verán do Servizo Lúdico Educativo, que ten a súa base no pavillón do CEIP de Silleda.
A través deste obradoiro divertido e interactivo as nenas e nenos participantes gozarán xogando, aprendendo e mesmo realizando o seu propio bocata a base de conservas.
Os obradoiros teñen unha duración aproximada de unha hora, con unha introducción lúdica, xogos e por último a elaboración dos bocatas.











