publicidade hoxe

O grupo popular abandona o pleno do Porriño ante as continuas faltas de respecto da alcaldesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
O grupo popular abandonando o pleno

O grupo popular abandonando o pleno

O grupo do Partido Popular ao completo abandonou hoxe a sesión plenaria como resposta ás continuas faltas de respecto proferidas pola  alcaldesa de Porriño, a Sra. Eva García da Torre.  En pleno cuxo inicio se atrasou máis de 20 minutos, tempo en que o acceso ao salón de plenos mantívose pechado ao público e aos membros desta formación política, o autoritarismo e  o reiterado atropelo durante as quendas de intervención aos  concelleiros deste grupo foron continuos xerando unha situación intolerable e insustentable.

Non bastando con tentar frear a intervención do portavoz popular Carlos Martínez, cun inadmisible “vaia acabando xa que nos está dando a chapa”, a súa despótica actitude aumentou cando o edil M. Alejandro Lorenzo interveu solicitando en galego, información antes de votar o segundo punto da orde do día. Foi neste momento, cando nun abusivo xesto recriminoulle que “non se che entende ao falar”.

Hai que engadir que pese que a isto foi o culmen dunha situación que este grupo non está disposta a tolerar, foron varias as ocasións en que a Sra. García da Torre visiblemente alterada cada vez que os populares interviñan quixo frear as quendas de palabra deste grupo, algo que os grupos do BNG e EU recrimináronlle ao que ela contestou, “eu son a alcaldesa, aquí digo eu quen fala e quen non”.

Ante unha situación que consideraron despótica, inadmisible e inaudita os 8 concelleiros do grupo popular abandonaron a sesión plenaria. Esixen respecto por parte da alcaldía aos edís de todos os grupos que forman a corporación local e que se acaten as quendas de palabra de todos e cada un dos grupos como ordena o regulamento. Non tolerarán nin neste, nin en sucesivos plenos, ningún xesto ultraxante cara a ningún corporativo, abandonando a sesión novamente cada vez que esta situación se volva dar.

 

29 de xullo de 2015 | 22:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.