publicidade hoxe

O festival “Sentido Sur” chega este mércores ao Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Porriño
A-
A+

A compañía de arte “Sentido Sur” reúne a 22 artistas que contan o nacemento das danzas folclóricas uruguayas nunha composición de música e movemento denominada “Viaje al encuentro” que están representando de xira por España e Portugal.

Esta compañía, fundada en 2013 baixo a dirección do bailarín, profesor e coreógrafo, Eduardo Paz Figuerón, ten entre os seus obxectivos crear pezas capaces de expresar a identidade uruguaya, sintetizar e mostrar diferentes aspectos das danzas folclóricas, músicas, vestiarios e instrumentos que conforman o Patrimonio Cultural Tradicional do país.

Este festival, organizado pola concellería de Cultura do Concello do Porrriño, desenvolverase na Praza Arquitecto Antonio Palacios, este mércores 15 de xullo ás 21.30 h; unha invitación a realizar un percorrido pola identidade autóctona de Uruguay, onde o espectador gardará para si, un aire destas terras.

Tal é así que, se de algo esta compañía se fortalece é da autoría da coreografía executada en escea e da maioría dos temas interpretados. Os compoñentes desta agrupación caracterízanse por ter diversidade de propostas coreográficas e un amplo repertorio, dende o malambo ata o tango e o candombe, polo cal conta cun elenco de bailarins dúctiles con gran madurez e proxección escénica.

Na “Movida Joven 2014”, os Varóns da compañía, presentaron un malambo norteño polo que recibiron o primeiro premio en categoría danza e primeiro premio no desfile inaugural, en categoría artes escénicas.

Dende a concellería de Cultura, invítase a todos os veciños a este espectáculo cultural xa que “os lazos entre Galicia e Uruguay son moi estreitos debido ós procesos emigratorios tanto dun lado, como do outro”. 

14 de xullo de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.