O Concello de Riveira pon a disposición das asociacións o catálogo do Santa Isabel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que dende o día de hoxe están a disposición das asociacións interesadas en adquirilo (de forma totalmente gratuíta) o catálogo elaborado co gallo da exposición sobre o Santa Isabel organizada polo Concello, que tanto notoriedade acadou ao ser mostra máis ambiciosa realizada nunca sobre o chamado “Titanic galego”.

Publicado pola Deputación Da Coruña, o exemplar recolle en máis de 400 páxinas non sño as pezas que formaron parte da mostra que se puido ver no Auditorio Municipal, senón tamén máis dunha decena de artigos de investigación elaborados por expertos na materia, así como documentación, prensa e fotografías inéditas. 

O catálogo poderá ser recollido nas dependencias da Sala Museo Municipal, na rúa de Galicia, nº2, en horario de luns a venres de 9 a 14 horas.

A persoa que en nome da asociación que representa recolla o catálogo deberá cubrir os datos da mesma no propio museo co fin de asegurarse que se fai un reparto equitativo do mesmo.

27 de xullo de 2015 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.