O Concello de Riveira organiza unha viaxe cultural para os maiores ao País Vasco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social e Igualdade de Riveira promove – no marco do Programa de Dinamización e Dinamización Social dos nosos Maiores- unha nova iniciativa consistente nunha viaxe polo País Vasco de seis días de duración.

A actividade terá lugar entre os días 18 e 23 de setembro. O itinerario incluirá a estancia en distintas localidades tan fermosas como Bilbao (con visita guiada polo casco histórico e ao museo Guggenheim), San Sebastián, Vitoria ou a villa medieval amurallada de Guetaria. Os visitantes tamén se aproximarán ao veciño País Vasco Francés, con visitas a Bayonne, Biarritz, Saint Jean de Luz.

Hai un aforo de 54 prazas e o prezo por persoa ascende a 314 euros.

Aqueles maiores interesados en participar poden preinscribirse no Departamento de Servizos Sociais, situado na praza 8 de marzo (teléfono 981 874 131). O prazo para anotarse finaliza o día 7 de agosto, ás 13.30 horas.

14 de xullo de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.